A serie 'O detective Conan' narra a historia de Shinichi Kudo, un detective de instituto de 17 anos, é encollido por mor dunha droga experimental que lle dá unha organización formada por uns misteriosos Homes de Negro ao ser descuberto mentres os estaba a espreitar no momento en que realizaban un sospeitoso intercambio. Os confiados Homes de Negro, Gin e Vodka, crendo que o veleno acabaría por matar a Shinichi, déixano agonizando na escuridade da noite pero, lonxe de morrer, Shinichi convértese nun rapaz de 7 anos.
Foi emitida con éxito na TVG nos anos 2006-2008, repoñendo os 300 primeiros episodios da serie durante os anos 2009-2011 na grella da súa segunda canle.
Porque nos gusta a súa dobraxe, porque nos gusta a súa tradución en galego, porque queremos seguir resolvendo casos á beira de Shinichi ou porque queremos ver como continua a procura dos Homes de Negro, pedimos á TVG novos capítulos desta serie, tendo en conta que en castelán hai 407 episodios dobrados, 561 en catalán e 456 en valenciano.