Sinaturas contra a gasolineira diante do colexio Vales Villamarin

Sign Now
petition image
Os/as abaixo asinantes amosamos a nosa oposición á solicitude de licenza para a apertura dunha “Estación de Servicio”, sita na Avda. Fraga Iribarne s/n (parcela 327 do polígono 11), por todo isto, en cumprimento do Art. 8.3 do Decreto 133/2008 de 12 de xuño formulamos as seguintes alegacións que determinan a falta de idoneidade do emprazamento proposto para esta instalación: 1ª) Esta instalación atoparíase no eixo dunha zona residencial, escolar e deportiva, moi perto dun centro de ensino e unha escola infantil, entrando claramente en conflicto con esta zona e sendo lesiva para a mesma, o que determina a súa incompatibilidade. Estamos a referirnos ao CEIP Vales Villamarin, ao Francisco Aguiar, asi como a unha escola infantil que se atopa en fase de construcción e a zona deportiva. 2ª) O proxecto incumpre as limitacións previstas no artigo 35 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galiza, no tocante aos movementos de terra que alteren a topografía dos solos rústicos. 3ª) Perto da citada gasolineira atopase un antigo camiño real e unha capela catalogada que se veríann afectadas pola mesma, do mesmo xeito, existe unha fonte a escasa distancia da parcela incumprindo a normativa que fai incompatible estes usos coa existencia de cursos de auga. 4ª) O proxecto carece dun estudo de avaliación do impacto da gasolineira na estrada e, no seu caso, as necesarias medidas correctoras, tal e como esixe a Lei 4/1994 de estradas de Galiza. Así mesmo, o proxecto carece do preceptivo estudo de impacto no tráfico viario da zona de influencia da instalación e a proposta de ordenación para correxir o mesmo. Por todo isto, SOLICITAMOS do Concello de Betanzos que admita as presentes alegacións e, previos os trámites pertinentes, informe negativamente e desestime a solicitude de licenza para a apertura dunha “Estación de Servicio” na Avda. Fraga Iribarne s/n (parcela 327 do polígono 11).
Sign The Petition
OR

If you already have an account please sign in, otherwise register an account for free then sign the petition filling the fields below.
Email and password will be your account data, you will be able to sign other petitions after logging in.

Privacy in the search engines? You can use a nickname:

Attention, the email address you supply must be valid in order to validate the signature, otherwise it will be deleted.

I confirm registration and I agree to Usage and Limitations of Services
I confirm that I have read the Privacy Policy
I agree to the Personal Data Processing
Shoutbox
Sign The Petition
OR

If you already have an account please sign in

I confirm registration and I agree to Usage and Limitations of Services
I confirm that I have read the Privacy Policy
I agree to the Personal Data Processing
Goal
1 signatures
Goal: 50,000
Latest Signatures
9 December 2011
1. ana blanco castillo | Apoyo esta campaña
browse all the signatures »
Information
In: -
Petition target:
Concello de Betanzos
Tags
No tags
Embed Codes
direct link
link for html
link for forum without title
link for forum with title
728×90
468×60
336×280
125×125