Declaración Institucional da Coordinadora Galega pola Paz en relación coa crecente conflitividade militar en Oriente medio

Sign Now
petition image
Nos últimos meses a situación en Oriente Medio está a sufrir unha escalada de violencia, morte, destrución e tortura, insoportables para as persoas cun mínimo de sensibilidade en relación co sufrimento alleo. Palestina, eterno conflito rexional non resolto, singularmente, a franxa de Gaza, vive o acoso permanente da aviación israelí, os asasinatos selectivos, o bombardeo sistemático das vivendas e da poboación civil, provocando a morte de nenos e anciáns inocentes, alonxando, de novo, as oportunidades para a paz. Siria, nunca auténtica guerra civil non declarada, vive o horror dun réxime que non dubida en afogar, con armamento pesado e a violencia máis cruel, as protestas e as demandas da súa sociedade civil e dos seus grupos de resistentes armados, nunca confrontación desigual e interposta moito máis ampla e na que participan actores diversos de carácter relixioso, económico e militar, nomeadamente Occidente e algúns países árabes, axudando ós combatentes armados, e por outra parte, o exército e as milicias paramilitares de Bashar al Assad. Neste conflito bélico, que leva xa un ano activo, as Nacións Unidas, por medio do enviado especial da ONU e da Liga Árabe, Koffi Annan, tentan un alto o fogo que parece imposible de materializarse nos escenarios do conflito. Mentres, as cidades rebeldes viven o horror da violencia máis extrema, e as organizacións internacionais, Amnistía Internacional ou Human Rights Watch, denuncian torturas e crimes contra da humanidade. Co precedente máis inmediato de Libia, Rusia e China opóñense no Consello de Seguridade a calquera tentación intervencionista de carácter militar occidental. Irán, cun programa de enriquecemento de uranio moi avanzado, podería ingresar no club nuclear en pouco tempo, o que desperta en Israel, a única potencia atómica da rexión, desexos irrefreables de intervención militar co apoio, directo ou indirecto, dos EE.UU. Aínda que, polo momento, o presidente Obama resiste as presións do goberno de Netanyahu e do seu propio lobby xudeo, todo parece indicar que a decisión está tomada. Falla por escoller o día e a hora máis conveniente. Por último, Afganistán e Irak, lonxe de acadar a paz e a estabilidade prometida por décadas de inxustificables intervencións e permanente presencia militar occidental, sofren a violencia dos continuos enfrontamentos e atentados entre as forzas de ocupación e os resistentes de moi distinto signo. Diante desta situación, a Coordinadora Galega pola Paz, considera necesario facer pública a presente Declaración sobre a base dos seguintes principios: 1º.- A crecente violencia bélica que vive Oriente Medio, particularmente, Palestina e Siria, xunto coas ameazas directas de intervención militar en Irán por parte do goberno israelí, significan un perigo de enorme gravidade para a paz e a seguridade na rexión, podendo contaxiar a inestabilidade e a guerra a todo o Mediterráneo. 2º.- As Nacións Unidas están obrigadas a facer realidade o fin para o que foron concibidas, evitar ós nosos fillos o horror da guerra, de tal maneira que deberían despregar todo o seu potencial diplomático, económico e político para acadar un alto o fogo en Siria, establecer corredores humanitarios, a apertura de negociacións entre as partes, e a presencia inmediata de cascos azuis que eviten máis derramamentos de sangue. 3º.- Unha intervención militar israelí contra das instalacións nucleares de Irán, aínda que demorase por anos o seu ingreso nas potencias atómicas, contribuiría a fortalecer ó réxime teocrático e, moi probablemente, conlevaría unha inmediata resposta militar que abriría un novo conflito bélico de imprevisibles consecuencias, nunha zona xa de por si espoliada pola guerra e a inestabilidade. 4º.- Frear as tentacións belicistas e expansionistas do sionismo, facerlle cumprir o dereito internacional e as resolucións das Nacións Unidas, impedir novos asentamentos en territorio palestino, derrubar os muros da vergoña e rematar coa violencia indiscriminada, non parece tarefa fácil. En calquera caso, corresponde á comunidade internacional e de maneira moi especial, á Unión Europea, recuperar o protagonismo e actuar diplomática e politicamente, mesmo impoñendo as sancións que fosen necesarias, para que o goberno israelí cumpra e deixe de poñer en perigo a paz na rexión e no mundo. 5º.- Somos a cidadanía global, a sociedade civil organizada de cada país, os homes e mulleres de paz en todo o mundo, quen temos que interpelar ós nosos respectivos gobernos para asegurar o cumprimento das normas internacionais, frear as ameazas á paz, reclamar a resolución pacífica dos conflitos, promover o diálogo e o entendemento, a negociación política, e a primacía da palabra e da diplomacia fronte da violencia e a imposición. Con estes criterios, a Coordinadora Galega pola Paz poñerá en marcha diversas iniciativas que teñen por obxecto difundir entre a cidadanía galega a idea de que a violencia crecente en Oriente Medio significa unha ameaza -tamén crecente-, para todas e todos nos, así como para a paz mundial. Entre as iniciativas a promover queremos salientar as seguintes: 1. Presentacións públicas da presente Declaración en diversos Actos Cívicos que terán lugar nas principais vilas e cidades de Galicia. 2. Facilitar a sinatura da mesma nas redes sociais co obxecto de facerlla chegar ó goberno español, á Comisión Europea, ás Nacións Unidas, así como ás partes enfrontadas. 3. Propiciar declaracións municipais e parlamentarias pola paz e contra da violencia en Oriente Medio sobre a base da Declaración precedente. 4. Alertar á cidadanía das posibilidades reais dunha próxima intervención militar en Irán, das gravísimas consecuencias que tal situación podería ter para a nosa sociedade, e demandar o seu compromiso pacifista participando en todas as convocatorias que a Coordinadora Galega pola Paz poñerá en marcha de inmediato. COORDINADORA GALEGA POLA PAZ Adega,Asociación Chambo, Asociación Pola Esquerda,Asociacións de Mulleres Recandea,AS-PG, BNG, CAE,CAF,CIG, Coordinadora de Creentes Galegos, Coordinadora Galega de ONGs para o Desenvolvemento, EU-IU, Federación Ecoloxista Galega, Foro Galego da Inmigración, Fundación Araguaney, Fundación para a Igualdade María Xosé Arcos, Fundación 10 de Marzo, Fundación Luís Tilve, Galiza Nova, Grupo de Obxección Fiscal Galega, IGADI, INTERED Galicia, INTERMON- OXFAN, Movemento Rural Cristián, Mulleres Cristiás Galegas, PSdG- PSOE, Seminario Galego de Educación para a Paz, SLG-CC.LL, SN de CC.OO de Galicia,Solidariedade Internacional, STEG,UGT- Galicia, Unión de Estudiantes Árabes, UU.AA, Voluntariado Social ROGAS,Xustiza e Sociedade,Xuventude Comunista Galega, Xuventudes Socialistas de Galicia.
Sign The Petition
OR

If you already have an account please sign in, otherwise register an account for free then sign the petition filling the fields below.
Email and password will be your account data, you will be able to sign other petitions after logging in.

Privacy in the search engines? You can use a nickname:

Attention, the email address you supply must be valid in order to validate the signature, otherwise it will be deleted.

I confirm registration and I agree to Usage and Limitations of Services
I confirm that I have read the Privacy Policy
I agree to the Personal Data Processing
Shoutbox
Sign The Petition
OR

If you already have an account please sign in

I confirm registration and I agree to Usage and Limitations of Services
I confirm that I have read the Privacy Policy
I agree to the Personal Data Processing
Goal
2 signatures
Goal: 1,000
Latest Signatures
28 August 2013
2. Roberto Roget | Apoio esta campanha.
6 May 2012
1. Arturo Vizcaino Prieto | Apoyo esta campaña
9 April 2012
browse all the signatures »
Information
In: -
Petition target:
Goberno do Estado español, Unión Europea, Nacións Unidas
Tags
No tags
Embed Codes
direct link
link for html
link for forum without title
link for forum with title
728×90
468×60
336×280
125×125