MANIFESTO POLA PROFESIONALIZACIÓN DA ACTIVIDADE DE ORIENTACIÓN LABORAL

Sign Now
petition image
Os abaixo asinantes, profesionais da orientación laboral de Galicia afectados negativamente polo proceso de contratación efectuado para a cobertura dos postos de orientación e prospección recentemente realizado pola Xunta de Galicia, queren manifestar de xeito conxunto a súa posición ante o mesmo. Posición que consideramos necesario difundir co obxectivo de mellorar a profesionalización da nosa lobar profesional e a calidade do servizo que se presta. Para nós o feito neste último proceso é a consecuencia da falta de consideración profesional da actividade de orientación laboral. Pero unha consecuencia que neste caso ten efectos moi negativos dada a actual situación do mercado laboral. Por unha banda as persoas con formación e experiencia nesta área profesional non poden participar no proceso, algo claramente inxusto, ineficiente e ineficaz. Por outra, o servizo a prestar ás persoas en desemprego, e ó propio Servizo Público de Emprego galego, non cumplirá as mínimas garantías de calidade e efectividade que son máis que necesarias nun momento tan delicado en materia laboral. Ademáis, a falta de preparación do persoal a contratar retrasa a oferta de servizos que, desde o R.D. 3/2011 son un dereito das persoas en desemprego e unha obriga da administración. Por esta razón queremos manifestar que: O proceso de selección do persoal de orientación laboral, debe garantir a posibilidade de concursar ás persoas cun perfil profesional (experiencia e formación) axeitado ás funcións a desenvolver. Co procedemento elixido as titulacións universitarias con máis contidos específicos de orientación laboral e educativa, ou aquelas que falan do ámbito do comportamento das persoas, quedan fóra. Do mesmo xeito, en ningún momento a experiencia laboral neste labor se sitúa como un factor indispensable. O proceso representa unha oportunidade perdida para a profesionalización de servizos públicos de especial significancia no dramático momento que estamos a vivir, no ámbito do mercado laboral e o emprego, con visibles consecuencias no eido social. Para nós constitue unha irresponsabilidade diante do desemprego máis alto e persistente da UE que neste momento non se teñan en conta o desenvolvemento competencial necesario para exercer profesionalmente neste campo. Ademais pérdese unha gran oportunidade de mellorar o traballo que xa se fai, camiñando na redución da temporalidade e multiplicando os recursos e o respaldo formativo do traballo de orientación laboral. Agora non é só un servizo máis. Formar parte do Catálogo de Servizos do SPE sitúa á orientación como un dereito das persoas e unha obriga da administración. A orientación laboral conta cun corpus teórico e práctico que respalda a súa actuación. Non ofertar o servizo neste marco constitúe un engano. Por último as persoas asinantes queren manifestar o seu compromiso coa profesionalización da actividade de orientación laboral. Considerámola, tal e como se afirma tanto en contidos técnicos como en contidos legais, a peza indispensable sobre a que deben pivotar as Políticas Activas de Emprego. Pero tamén a consideramos un servizo fundamental dada a situación de desemprego de, un máis que excesivo, número de persoas. Situación que non parece que vaia cambiar no futuro próximo.
Sign The Petition
OR

If you already have an account please sign in, otherwise register an account for free then sign the petition filling the fields below.
Email and password will be your account data, you will be able to sign other petitions after logging in.

Privacy in the search engines? You can use a nickname:

Attention, the email address you supply must be valid in order to validate the signature, otherwise it will be deleted.

I confirm registration and I agree to Usage and Limitations of Services
I confirm that I have read the Privacy Policy
I agree to the Personal Data Processing
Shoutbox
Sign The Petition
OR

If you already have an account please sign in

I confirm registration and I agree to Usage and Limitations of Services
I confirm that I have read the Privacy Policy
I agree to the Personal Data Processing
Goal
21 signatures
Goal: 100
Latest Signatures
19 December 2011
21. Mª de los Angeles Fuertes | Apoyo esta campaña
18 December 2011
20. José Ignacio Sánchez | Apoyo esta campaña
18 December 2011
19. Marián Fuertes San Martín | Apoyo esta campaña
12 November 2011
18. Suricated Suricated | Apoyo esta campaña
8 November 2011
17. DOLORES GONZÁLEZ NORES | Apoyo esta campaña
7 November 2011
16. carmen perez garcia | Apoyo esta campaña
27 October 2011
15. Iria Castellanos | Apoyo esta campaña
25 October 2011
14. Celso Francisco Domínguez | Apoyo esta campaña
20 October 2011
13. Jose González Pérez | Apoyo esta campaña
20 October 2011
12. Francisco Javier Domínguez Pérez | Apoyo esta campaña
20 October 2011
11. Teresa Otero | Apoyo esta campaña
20 October 2011
10. Raquel Carlín | Apoyo esta campaña
20 October 2011
9. David Perez | Apoyo esta campaña
20 October 2011
8. Mª Montserrat Soto | Apoyo esta campaña
17 October 2011
7. ALEJANDRA SOUSA FERNÁNDEZ | Apoyo esta campaña
6 October 2011
6. NEREA COUSO IGLESIAS | Apoyo esta campaña
6 October 2011
5. oscar alvarez alvarez | Apoyo esta campaña
5 October 2011
4. Carmen Iglesias Torres | Apoyo esta campaña
3 October 2011
3. Josefa Vazquez Martinez | Apoyo esta campaña
2 October 2011
2. XULIA VEIGA | Apoyo esta campaña
2 October 2011
1. Eva Villaverde Martinez | Apoyo esta campaña
2 October 2011
0. Jose Luis Lopez Casado | Apoyo esta campaña
25 September 2011
-1. Orientación Laboral Galicia | Apoyo esta campaña
21 September 2011
-2. Xose Alberte Cea | Apoyo esta campaña
21 September 2011
-3. Suyay Benedetti | Apoyo esta campaña
browse all the signatures »
Information
In: -
Petition target:
Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. Consellería de Traballo e Benestar
Tags
No tags
Embed Codes
direct link
link for html
link for forum without title
link for forum with title
728×90
468×60
336×280
125×125